VIENDOLAS PASAR

Seguimos coa saga familiar que esta semana se empeña en pasear con orgullo o nome LOGROSA polo ancho mundo.

O noso amigo Ponte Far que tantas veces colaborou coa comisión de festas publica un novo libro.Este foi o correo que enviou aos veciños para formalizar a inviatación ao evento.

Queridos veciños:
Por este correo quero invitarvos á presentación do meu libro Viéndolas pasar (II), antoloxía de artigos publicados con este nome na Voz de Galicia, coa intención de compartir con vós uns momentos agradables falando de temas literarios. Será o venres, 9, ás 8 da tarde, na Casa da Cultura, en Negreira. Grazas de antemán pola atención que me prestades.Unha aperta,Pepe Ponte.

Este é un estracto da noticia publicada en LaVoz de Galicia:

El profesor y ensayista José Antonio Ponte Far, natural de Negreira y afincado en Ferrol, biógrafo de Gonzalo Torrente Ballester, presentará mañana, viernes, a las ocho de la tarde en el auditorio de la Casa da Cultura de la villa, su última publicación, que lleva por título Viéndolas pasar (II), una antología de artículos publicados en el suplemento Culturas de La Voz de Galicia, bajo la edición de la editorial Ézaro, y continuación de otro libro similar publicado en el año 2005.
Que el autor escogiese su Negreira natal para presentar este nuevo libro no es un hecho casual, puesto que, según el propio Ponte Far, «moitos destes artigos falan deste pobo e das súas xentes», por lo que, entre otras razones, coincide en que para una parte de la población tiene su interés.

Non deixedes de acudir.

TOTO CAMPEÓN GALEGO DE TIRO AO PLATO

O Noso veciño e amigo Totó proclamouse campeón ao tiro de Galicia e acudirá esta fin de Semana ao campionato nacional de tiro. Estamos seguros de que as meigas que el tanto se empeña en conxurar ano tras ano na nosa festa do San Eutelo estarán con él para axudalo neste novo reto. Compite cunha gorra co nome da nosa parroquia e incluso saiu con ela na noticia que publicou El Correo Gallego. Moita sorte e gracias polo apoio que sempre prestas a esta asociación.

Un saúdo amigo.

ALBERGUE EN LOGROSA



Antonio e Luis abren un albergue na aldea de Logrosa. Dende esta asociación de veciños non podemos mais que felicitar aos nosos veciños pola súa iniciativa e desexarlles a maior sorte do mundo.

www.alberguedelogrosa.com- y teléfonos de reserva 981 885 820 y 646 142 554.