BANDA APARTE




Estimados veciños :
O vindeiro sábado 20 deste mes farán a presentación da BANDA APARTE no MOON MUSIC CLUB que está na rua República Arxentina nº35,Santiago.

A continuación reproducimos a mensaxe que o noso veciño Pio lle fixo chegar á asociación:

" Levamos varios meses de ensaios montando un repertorio de Rhythm and blues,Soul,Funk e Jazz no que os sete músicos que compoñemos a banda atopamos o espazo de liberdade necesario para a improvisación e a creatividade no escenario.É por tanto unha musica viva que promete emocion,risco e emotividade.
Agardamos que moitos de vos poidades estar presentes nesta noite que servirá tamén para reencontrarse con vellos amigos.
Unha aperta de Pio. "


Non deixedes de acudir.